Rabin, Yitzhak

Rabin, Yitzhak

Político e militar israelí. En 1940 ingresou na Haganah e en 1948 defendeu Xerusalén durante a primeira Guerra Árabe-israelí. Ocupou altos cargos no exército, do que foi xefe do estado maior (1964-1968). Embaixador en EE UU (1968-1973), foi deputado (1974) polo Mifleget Ha-’Avoda Ha-Yisra’elit (Partido Laborista Israelí), do que foi xefe entre 1974 e 1977 e desde 1992. Foi primeiro ministro (1974-1977 e 1992-1995) e ministro de Defensa (1984-1990). En 1993 firmou un acordo de paz co líder da OLP, Yasser Arafat, mediante o que se lle outorgaba un réxime de autogoberno palestino aos territorios ocupados, tratado que lle valeu a concesión do Premio Nobel da Paz en 1994, compartido con Shimon Peres e Y. Arafat, e o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, con Y. Arafat. Foi asasinado por un ultraortodoxo xudeu.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Tel

  • Nacemento

    Lugar : Xerusalén

  • Deceso

    Lugar : Aviv