racofórido -da

racofórido -da

(< lat científico Rhacophorus)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos racofóridos.

  2. s m [ANIMAL]

    Anfibio da familia dos racofóridos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Familia de anfibios anuros do grupo dos diplasiocelos, cun aspecto semellante ao dos hílidos, dos que se diferencian por ter a apófise transversa da vértebra sacra con forma cilíndrica e as dúas metades da cintura escapular firmemente soldadas polos lados. Comprende 10 xéneros que habitan en África, Madagascar, Asia suroriental, India oriental, China, Filipinas e Xapón. O xénero máis representativo é o Rhacophorus, coa especie R. leucomystax, que habita en China e no SL asiático. Nocturnos, habitan preferentemente en zonas pantanosas.

Palabras veciñas

racismo | racista | Rački, Franjo | racofórido -da | racor | Racovita, Emil | racú