rajput
rajput
-
adx
Relativo ou pertencente á caste rajput.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo da caste rajput.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Caste guerreira hindú que comprende diversas poboacións do NL de India ligadas pola súa orixe étnica e sobre todo polo seu espírito guerreiro, e que pretende entroncar coa antiga kshatrīya. A partir do s VIII tiveron un papel importante na historia de India setentrional e occidental, ata a derrota de Muḥammad de Gur no s XII. Confinados en Rājputānā, foron o bastión do hinduísmo. Aínda son a clase dominante de príncipes e terratenentes en Rājasthān, e a súa lingua é a máis estendida.