Ramsay, William
Ramsay, William
Químico escocés. Aínda que comezou os seus estudos en química orgánica, as súas achegas máis importantes estiveron relacionadas cos gases nobres. Traballou tamén con Soddy na desintegración do radio (1904). Publicou, entre outras obras, The Gases of the Atmosphere (1896) e Modern Chemistry (1900). Recibiu o Premio Nobel de Química (1904) polo descubrimento dos gases inertes do aire (gases nobres) como o helio, coa axuda de P. T. Cleve, ou o argon, xunto con Rayleigh e a determinación da súa posición na táboa periódica.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Glasgow -
Deceso
Lugar : High Wycombe, Buckinghamshire