Ramsés III
Ramsés III
Faraón exipcio da dinastía XX (1198-1166 a C). Foi o soberano máis destacado desta dinastía. Librou importantes batallas defensivas, derrotou as tribos libias en 1194 a C e en 1188 a C e en 1191 a C obtivo un gran triunfo sobre seis pobos do mar. Durante gran parte do seu reinado o país viviu unha auténtica prosperidade, o que lle permitiu construír obras monumentais como o templo palacio de Madīnat Habu ou enviar expedicións a Punt e ao Sinaí. Ao aumentar, en cambio, a riqueza dos sacerdotes de Ammón, estes volvéronse aínda máis poderosos.