Rayleigh, John William Strutt
Rayleigh, John William Strutt
Físico e matemático inglés, III barón Rayleigh. Estudou na Cambridge University, onde foi catedrático de Física (1879-1887). Realizou notables traballos sobre os líquidos, as vibracións, a electricidade, a difusión da luz e o número de Avogadro. Recibiu o Premio Nobel de Física (1904) polas súas investigacións sobre a densidade dos gases e o descubrimento, xunto con W. Ramsay, do argon. Presidiu a Royal Society (1905).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Langford Grove -
Deceso
Lugar : Witham, Essex