razón
(< lat ratĭône)
-
[FILOS]
-
s
f
Facultade de razoar, de discorrer pola intelixencia. Entendida xeralmente como sinónimo de intelecto, Immanuel Kant entendeuna como a facultade de coñecemento superior que, mediante as ideas, ou os principios, unifica en último termo todo o que se coñece polo entendemento.
-
s
f
Cada un dos diferentes usos que se fai da razón ou cada unha das diferentes maneiras como se entende que esta facultade pode ser exercida. A razón analítica refírese á comprensión máis tradicional do uso da razón, en contraposición á razón dialéctica , que expresa o exercicio dialéctico desta facultade. Distínguese tamén entre razón pura , que é a razón que se refire aos principios a priori do coñecemento, e razón práctica , é dicir, a que se refire aos principios a priori da acción humana. O problema dos diferentes usos da razón preséntase tamén na cuestión das relacións que existen entre fe e razón, relixión e ciencia ou teoloxía e filosofía.
-
s
f
Fundamento, sentido, xustificación última e racional de todas e cada unha das cousas da realidade total. Expresión do intento de reducir o universo a unha unidade coherente e intelixible, a proclama dunha razón do mundo está xa no inicio mesmo da filosofía occidental, aínda que esta razón se denominou de formas diversas (como logos, noüs ou idea), e pasou ao mundo cristián como unha proclama do divino. Coa progresiva secularización que conlevou a modernidade, a afirmación da razón fíxose máis explícita.
-
culto da razón
Actitude, a miúdo filosófica, pola que se afirma a primacía e autosuficiencia da razón humana. Permanecen excluídas, ou polo menos invalidadas, todas as outras maneiras de enfrontar a realidade que non sexan estritamente racionais, e incluso racionalistas, ou todas aquelas manifestacións do real que non se deixan explicar pola soa razón.
-
principio de razón suficiente
Principio polo que algo non se dá ou non chega a ser sen unha razón para que se dea ou chegue a ser, ou sen unha razón que explique o feito que se dea ou que chegue a ser. Coñecido desde tempos antigos, foi enunciado de forma clara por G. W. Leibniz: “Ningún feito pode ser verdadeiro ou existente e ningún enunciado pode ser verdadeiro, se non se dá unha razón suficiente para que sexa así e non doutro xeito”. Relacionado co principio de causalidade e incluso co de non contradición, este principio inclúe diversos aspectos: un lóxico-gnoseolóxico, outro ontolóxico, e un psicolóxico ou psicognoseolóxico.
-
s
f
-
s
f
Acerto ou certeza no que se di ou se fai.
-
s
f
Argumento válido ou xusto para dicir ou facer unha cousa.
-
s
f
Cousa que determina unha acción ou a existencia de algo.
-
s
f
Información ou explicación dunha cousa.
-
s
f
Aviso que se lle notifica a alguén para que o transmita a outra persoa.
-
-
s
f
Cociente entre unha cantidade (antecedente) e outra (consecuente).
-
s
f
Diferenza constante, nunha progresión aritmética, entre dous termos consecutivos.
-
s
f
Cociente constante que hai, nunha progresión xeométrica, entre dous termos consecutivos.
-
s
f
Número k, nunha función de proporcionalidade directa f(x)=kx.
-
en razón directa
Razón que é directamente proporcional.
-
en razón inversa
Razón que é inversamente proporcional.
-
razón de semellanza
Razón entre as lonxitudes dos elementos correspondentes de dúas figuras xeométricas semellantes. A razón entre as áreas é o cadrado da razón de semellanza, mentres que a razón entre os volumes é o cubo da razón de semellanza.
-
razón dobre
Dados catro puntos aliñados A, B, C e D, relación
FORMULA -
razón simple
Dados tres puntos aliñados, A, B e C, relación
FORMULA2 -
razón social
[DER]
Firma ou denominación oficial dunha empresa.
-
s
f
Frases feitas
-
Dar a razón. Recoñecer como xustificado o que di ou fai alguén.
-
Perder a razón. Volverse tolo.
-
Entrar en razón. Convencerse de algo.
-
Facer entrar en razón. Convencer a alguén de que está equivocado.
-
Sen razón. Inxustificadamente.
-
Ter máis razón ca un santo. Ter moita razón.
Refráns
- A mala razón deixa a roupa sá e esgaza o corazón.
- A razón do máis forte é sempre a mellor razón.
- A razón moito pode.
- A razón non quere forza Iporque a ten de sobra.
- A razón non quere forza nin a forza quere razón.
- A razón non ten máis ca un camiño.
- A razón patea e a razón porfía.
- A razón ten moita forza.
- As boas razóns cautivan os corazóns.
- Di a túa razón e non digas o autor.
- Di que tiveches razón e non digas quen cha dou.
- Onde está a razón, ela mesma é o galardón.
- Onde vexas a razón, alí está o galardón.
- Para a razÓn sobra o galardón.
- Razóns gañan corazóns.