Razón, La

Razón, La

Semanario publicado en Vigo a partir de 1889. Cesou non antes de 1894. Subtitulado “Semanario defensor del catolicismo”, foi dirixido por Amador Montenegro. Editouse nos obradoiros da Editorial Galaica e foi un firme defensor do catolicismo, das cuestións agrarias e dos problemas do campesiñado galego.