Recasens Siches, Luis
Recasens Siches, Luis
Xurista e sociólogo. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Dereito Natural en Santiago de Compostela (1928-1929), Salamanca e Valladolid. Participou na agrupación de intelectuais ao servizo da Segunda República e foi deputado por Lugo pola Derecha Liberal Republicana (1931) e polo Partido Republicano Conservador (1933). En 1937 trasladouse a México, onde traballou na Universidad Nacional Autónoma e no Instituto de Investigacións Filosóficas. Escribiu Estado y derecho (1931), Tratado general de sociología (1956) e Introdución al estudo del derecho (1970).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Guatemala -
Deceso
Lugar : Ciudad de México