rectificador -ra

rectificador -ra

(< rectificar)

  1. adx e s

    Que ou quen rectifica.

  2. [FÍS/ENX]
    1. s m

      Aparato, dispositivo ou elemento que produce a rectificación dunha corrente alterna.

    2. rectificador controlado

      Dispositivo electrónico de rectificación que consta, ademais de ánodo e cátodo, dun eléctrodo auxiliar, denominado reixa ou porta, que permite controlar a corrente. Poden ser tubos electrónicos con gas ou ben dispositivos de estado sólido, como o tiristor.

  3. s

    Operario especialista no manexo dunha rectificadora.

Palabras veciñas

rectificábel | rectificable | rectificación | rectificador -ra | rectificadora | rectificar | rectificativo -va