recuperador -ra
recuperador -ra
(< lat recuperātōre)
-
adx e s
Que ou quen recupera.
-
s
m
-
Dispositivo que permite recuperar unha cousa ou unha posición.
-
[BÉL]
Mecanismo que absorbe momentaneamente a forza xerada polo retroceso dunha arma de fogo e que a restitúe para que o canón, nas pezas de artillaría, ou a culata móbil, nalgunhas armas de fogo portátiles, volvan á súa posición inicial.
-
[IND]
Dispositivo que permite recuperar as augas brancas nas instalacións de fabricación de papel.
-
[FÍS]
Aparato ou instalación que permite a recuperación dunha parte da calor dos gases de combustión dun fogón antes de perderse na atmosfera.
-