recursivo -va

recursivo -va

(< ingl recursive)

  1. adx [LING]

    Que se pode repetir moitas veces mediante a aplicación da mesma regra.

  2. adx [INFORM]

    Aplícase ao algoritmo que serve para calcular o valor da función correspondente a un valor arbitral, non negativo, do argumento mediante a fixación previa do valor para un ou máis valor de n (comezando por cero) e a aplicación dunha regra (denominada regra de recursión).

  3. adx [MAT]

    Aplícase ás funcións que se definen por recorrencia, como a función factorial.

Palabras veciñas

recuperador -ra | recuperar | recursividade | recursivo -va | recurso | recurvado -da | recurvar