recurso
(< lat recursu)
-
s
m
Acción e efecto de recorrer.
-
s
m
Medio ao que se recorre para solucionar algo.
-
[DER]
-
s
m
Demanda, instancia ou reclamación feita a unha autoridade administrativa superior co obxectivo de anular ou reformar un acto dun órgano inferior, que se considera prexudicial aos propios dereitos.
-
s
m
Medio de impugnación que se concede ás partes, en todo tipo de xuízos, para demandar a emenda dunha resolución xudicial ou dun novo exame da causa. Entre os recursos interpostos diante do mesmo órgano que ditou a resolución, denominados recursos non devolutivos, destacan os de esclarecemento, de nulidade, de reforma, de reposición, de rescisión, de responsabilidade, de súplica e de terzaría. Entre os interpostos ante un tribunal superior ou recursos devolutivos, destacan os de apelación, casación e queixa. Se a lei non esixe causas específicas para a súa admisión denomínanse recursos ordinarios, como os de apelación, queixa, súplica e reposición; os recursos extraordinarios son os que esixen motivos taxativos para a súa interposición, como o de casación, e os recursos excepcionais son os que atacan a cousa xulgada que se produce coa sentenza firme como os de revisión e a audiencia ao rebelde.
-
recurso de alzada
Recurso xudicial ordinario, en dereito administrativo, que se interpón ante o mesmo órgano ou o seu superior xerárquico que ditou a resolución que é obxecto de impugnación. A súa finalidade é lograr a revisión por motivos de legalidade e a de poñer fin á vía administrativa. Os motivos de impugnación pode ser calquera causa de nulidade ou anulabilidade que está recollido no ordenamento xurídico. Contra a resolución expresa do recurso unicamente se pode interpoñer o recurso extraordinario de revisión.
-
recurso de amparo
Recurso xudicial que se interpón cando os dereitos ou liberdades fundamentais recoñecidos polas constitucións non foron respectados polos tribunais ou polas autoridades. O dereito constitucional español recoñece o amparo ordinario e o amparo constitucional. Pode interpoñelo calquera persoa.
-
recurso de apelación
Recurso xudicial ordinario e devolutivo, en dereito procesual, para a impugnación de resolucións xudiciais. Preséntaa a parte que non está de acordo coa decisión dun xuíz ou tribunal e interponse ante un xuíz ou tribunal superior, para que este decida de novo sobre o asunto, confirmando a sentenza do tribunal inferior, revogándoo ou substituíndoo, en todo ou en parte.
-
recurso de casación
Recurso xudicial extraordinario interposto ante o Tribunal Supremo, ou en certos casos ante os tribunais superiores de xustiza das comunidades autónomas. O seu obxectivo é anular as sentenzas dos tribunais inferiores ou ordinarios no caso de que estas non se axusten á lei, infrinxindo as garantías procesuais fundamentais ou, ás veces, por erro na apreciación das probas por parte dos tribunais de instancia. Este recurso só procede, por regra xeral, contra os autos o sentenzas de carácter definitivo ditadas en última instancia, que poñan fin ao xuízo ou impidan a súa continuación. As sentenzas de casación son constitutivas de xurisprudencia pois non só teñen a finalidade de substituír unha resolución por outra senón tamén a de evitar desviacións das resolucións xudiciais respecto ao dereito.
-
recurso contencioso-administrativo
Reclamación que se interpón ante os órganos da xurisdición contecioso-administrativa, despois de esgotar a vía gobernativa, contra os actos e as resolucións ditados pola Administración Pública no exercicio das súas actividades, que vulneran ou lesionan un dereito.
-
recurso de forza
Medio procesual polo que se pide aos tribunais civís que corrixan as presuntas extralimitacións da xurisdición eclesiástica.
-
recurso de inconstitucionalidade
Recurso procesual que controla o control da constitucionalidade das leis. Pode presentarse por razóns formais, como a vulneración do procedemento establecido polas constitucións, ou por razóns de fondo, como a vulneración do contido material das constitucións.
-
recurso de nulidade
Recurso que procede cando se alegan erros na propia sentenza por violar formas ou solemnidades establecidas pola lei, ou cando a sentenza ten vicios ou defectos de forma ou construción que a descualifican como acto xurisdicional. Está comprendido dentro do recurso de apelación, e circunscríbese aos erros ou defectos da sentenza motivados por vicios nados na construción do decisorio como a ausencia de fundamentación na sentenza.
-
recurso de queixa
Recurso ordinario, devolutivo, que persegue a admisión ou preparación doutro recurso diferente. Pode ser contra a inadmisión do recurso de apelación, que se presenta ante a Audiencia Provincial; ou contra a inadmisión do recurso de casación, ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo ou a Sala do Civil ou do Penal do Tribunal Superior de Xustiza.
-
recurso de reforma
Recurso ordinario, non devolutivo, dirixido ao xuíz de instrución nun proceso penal, co obxectivo de reexaminar e revogar unha resolución. Análogo ao recurso de reposición e ao de súplica do proceso civil, ten que presentarse aos tres días e é imprescindible para poder interpoñer unha apelación.
-
recurso de reposición
Recurso ordinario, non devolutivo, para as xurisdicións civil e laboral, equivalente ou de reforma, interposto por un dos litigantes para reclamar a modificación dunha resolución de trámite dun órgano xurisdicional unipersoal, por ser contrariaa o dereito e pola que se sente agraviado. Este recurso admítese unicamente cando a resolución que se impugna impide a resolución do xuízo e debe ser diante do mesmo órgano xurisdicional que ditou a sentenza.
-
recurso de revisión
Recurso ordinario dirixido ao xuíz de instrución nun proceso civil ou penal, co obxectivo de reexaminar e revogar unha resolución. As causas polas que se procede o recurso son fácticas e non xurídicas, e débese de tratar de circunstancias externas ao proceso xa concluído por condena firme, como pode ser a existencia de novos documentos retidos por forza maior ou a condena por falso testemuño, que non puideron ser consideradas nel por aparecer despois da sentenza. Constitúe un novo proceso que é presentado no Tribunal Supremo.
-
recurso de súplica
Recurso ordinario, non devolutivo, interposto por un dos litigantes para reclamar a modificación dunha resolución de trámite dun órgano xurisdicional colexiado, por ser contraria ao dereito. Ten que ser interposto ante a mesma sala que ditou a resolución, demandando a súa revogación, para que corrixa o erro que presumiblemente cometeu.
-
recurso de suplicación
Recurso que se interpón contra unha sentenza dun xuíz do social ou maxistratura do traballo, perante o tribunal superior.
-
recurso de terzaría
Recurso polo que un terceiro reclama, no curso dun preito entre dous ou máis litigantes, o dereito de ser o posuidor dos bens que se embargaron (terzaría de dominio) ou que ten un maior dereito a cobrar o importe resultante da venda dos mesmos (terzaría de preferencia ou de maior dereito).
-
s
m
-
-
s
m
Conxunto de elementos dispoñibles para resolver unha necesidade ou emprender algo. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
recursos doutro
[ECON]
Recursos achegados por persoas estrañas aos propietarios ou socios dunha empresa, para o seu financiamento normalmente esixibles a un certo termo.
-
recursos naturais
Bens que dá a natureza, a través do solo, o subsolo, as augas, a vexetación ou a fauna, necesarios para satisfacer as necesidades humanas, ou como inputs de determinados procesos produtivos. Poden ser renovables ou non renovables.
-
recursos produtivos
Bens que se utilizan como factores de produción para obter outros susceptibles de satisfacer máis necesidades humanas.
-
recursos propios
[ECON]
Recursos constituídos polas achegas dos propietarios da empresa, por beneficios non distribuídos ou por determinadas provisións ou previsións, que financian parte do activo fixo da empresa.
-
s
m
-
s
m pl
Medios ou capacidades económicas.