Red
Red
Río de EE UU, afluente pola dereita do Mississipi (1.638 km). Nace ao N de Texas co nome de Palo Duro Canyon. Marca a fronteira con Oklahoma, entra nun breve tramo en Arkansas (SO) e atravesa Louisiana. A parte superior da súa conca é bastante árida, mentres que a media e a inferior están constituídas por fértiles terras vermellas, que deron nome ao río.