Redención Gallega

Redención Gallega

Publicación editada en Vigo a partir de 1900. Non cesou antes de 1913. Rexionalista con orientación cara ao agrarismo, funcionou como órgano do Directorio Redencionista. De periodicidade quincenal e dirixido por Arturo P. Alcaina, criticou o sistema foral e avogou pola liberación total do labrego. A publicación tivo unha segunda época, a partir de marzo de 1910. No I Congreso Agrario Provincial de Pontevedra foi nomeado voceiro da Federación Provincial de agricultores.