Redgrave, Steven

Redgrave, Steven

Remeiro inglés. Considerado un dos mellores remeiros da historia, foi cinco veces consecutivas campión olímpico en Los Angeles (1984), en catro sen temoneiro, e en Seúl (1988), Barcelona (1992), Atlanta (1996) e Sidney (2000), en dous sen temoneiro. Gañou o campionato do mundo en nove ocasións (1986, 1987, 1991, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998 e 1999). Escribiu Steven Redgrave’s Complete Book of Rowing (1992).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Marlow