reducionismo
reducionismo
(
s
m
[FILOS]
Actitude filosófica en virtude da que se tende a establecer a redución dun fenómeno ou dunha realidade a outro fenómeno ou realidade que se considera máis real ou fundamental, e das que aquelas non son senón manifestacións posteriores e incluso secundarias. A redución pode ser do real ao ideal ou racional (idealismo e racionalismo extremos), á materia e á causalidade puramente eficiente (materialismo ou naturalismo deterministas), ou ben a un ámbito concreto da realidade (psicoloxismo, sensualismo, redución da psicoloxía á fisioloxía, ou desta á química e incluso á física).