reducir

reducir

(< lat reducĕre)

  1. v t

    Facer algo máis pequeno ou menor.

    Ex: Xa reducimos moito o lonto da saia.

    Antónimos: ampliar, aumentar.
  2. v t

    Transformar unha cousa noutra equivalente ou de menor importancia, valor ou calidade.

    Ex: O lume reduciu a casa a entullo.

  3. v t

    Obrigar a alguén a que obedeza ou se someta a unhas normas.

    Ex: A policía reduciu o ladrón.

  4. v t

    Limitar unha cousa a outra máis simple.

    Ex: Reduciu a invitación a un simple café.

  5. v t [MED]

    Restituír a posición anatómica de fragmentos óseos desviados por unha fractura, de ósos luxados, ou ben órganos desprazados.

  6. v t

    Concentrar un líquido evaporando parte del.

    Ex: Deixa ferver a auga co arroz ata que se reduza.

  7. v t [MAT]

    Cambiar a forma ou a denominación dunha expresión ou dunha cantidade sen cambiarlle o valor.

  8. v t [QUÍM]

    Sufrir unha especie química unha redución.

  9. v pron

    Facerse algo máis pequeno ou menor.

    Ex: Nestes meses reduciuse o valor das súas accións.

  10. v pron

    Transformarse unha cousa noutra equivalente ou de menor importancia, valor ou calidade.

    Ex: Coa seca reduciuse o nivel de auga nos encoros.

  11. v pron

    Limitarse unha cousa a outra máis simple.

    Ex: A nosa amizade reduciuse a simple cortesía.

  12. v pron

    Concentrarse un líquido ao se evaporar parte del.

    Ex: Moito se reduciu a sopa.

Palabras veciñas

redución | reducionismo | reducionista | reducir | redundancia | redundante | redundar
Conxugar
VERBO reducir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reduzo
reduces
reduce
reducimos
reducides
reducen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducía
reducías
reducía
reduciamos
reduciades
reducían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducín
reduciches
reduciu
reducimos
reducistes
reduciron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducira
reduciras
reducira
reduciramos
reducirades
reduciran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducirei
reducirás
reducirá
reduciremos
reduciredes
reducirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reduciría
reducirías
reduciría
reduciriamos
reduciriades
reducirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reduza
reduzas
reduza
reduzamos
reduzades
reduzan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducise
reducises
reducise
reducisemos
reducisedes
reducisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducir
reducires
reducir
reducirmos
reducirdes
reduciren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
reduce
-
-
reducide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducir
reducires
reducir
reducirmos
reducirdes
reduciren
Xerundio reducindo
Participio reducido
reducida
reducidos
reducidas