ampliar

ampliar

(< lat ampliāre)

  1. v t

    Dar unha maior extensión, facer máis amplo.

    Ex: Para ampliar o número de asentos temos que restarlle espazo ó terreo de xogo.

    Sinónimos: estender. Confrontacións: agrandar.
  2. v t

    Estender un prazo no tempo.

    Ex: Vou ver se me poden ampliar a baixa por maternidade para seguir na casa.

    Sinónimos: prorrogar. Antónimos: abreviar, acurtar.
  3. v t

    Reproducir unha fotografía a un tamaño máis grande do que tiña.

    Ex: Quero que me amplíen estas tres fotografías de animais para facer un mural.

    Antónimos: reducir.
  4. v t

    Profundar nunha serie de coñecementos ou investigacións.

    Ex: Vou ampliar os meus estudios de inglés nunha universidade irlandesa.

Conxugar
VERBO ampliar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amplío
amplías
amplía
ampliamos
ampliades
amplían
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliaba
ampliabas
ampliaba
ampliabamos
ampliabades
ampliaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliei
ampliaches
ampliou
ampliamos
ampliastes
ampliaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliara
ampliaras
ampliara
ampliaramos
ampliarades
ampliaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliarei
ampliarás
ampliará
ampliaremos
ampliaredes
ampliarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliaría
ampliarías
ampliaría
ampliariamos
ampliariades
ampliarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amplíe
amplíes
amplíe
ampliemos
ampliedes
amplíen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliase
ampliases
ampliase
ampliasemos
ampliasedes
ampliasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliar
ampliares
ampliar
ampliarmos
ampliardes
ampliaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
amplía
-
-
ampliade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ampliar
ampliares
ampliar
ampliarmos
ampliardes
ampliaren
Xerundio ampliando
Participio ampliado
ampliada
ampliados
ampliadas