Reforma Política, Lei da

Reforma Política, Lei da

Lei fundamental promulgada o 4 de xaneiro de 1977 que regulou a transformación do réxime franquista nunha democracia. Foi elaborada polo goberno de Adolfo Suárez e o primeiro artigo afirmaba que a democracia española se baseaba na supremacía da lei, expresión da vontade soberana do pobo, que os dereitos das persoas son inviolables e vinculan a todos os órganos do Estado, e que a potestade de elaborar e redactar as leis correspondía ás Cortes e a súa sanción e promulgación ao rei. O artigo segundo referíase ás Cortes, compostas de Congreso e Senado, e o terceiro á reforma constitucional. As disposicións transitorias refírense ás primeiras eleccións a Cortes, reguladas polo goberno.

Palabras veciñas

Reform Acts | reforma | Reforma | Reforma Política, Lei da | Reforma, Guerra da ou Guerra dos Tres Anos | Reforma, La | reformábel