refuxiado -da
refuxiado -da
(< refugiar)
-
p reg
de refuxiar ou refuxiarse.
-
s
[DER]
Persoa que, malia ser cidadán dun estado, tivo que abandonalo a consecuencia de asuntos políticos e foi acollida no territorio doutro estado, sen poder gozar dos mesmos dereitos ca os autóctonos. Os seus dereitos e deberes están fixados no dereito de estranxeiría e no dereito de asilo. A imposibilidade de absorción de refuxiados a causa das guerras mundiais levou á creación de campos de refuxiados e de organismos internacionais que asegurasen a protección, como a Organización Internacional dos Refuxiados, substituída en 1951 polo Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados.