Región, La
Región, La
Semanario publicado en La Habana a partir de 1895. Subtitulouse “Semanario ilustrado de literatura e intereses generales” e “Semanario ilustrado de intereses generales”. Dirixido por Eduardo Núñez, foi unha publicación cultural que incluíu novas de Galicia e sobre as colectividades galegas, onde adoptaba unha postura crítica fronte á dirección do centro galego na cidade.