Región Galaica

Región Galaica
[PUBLIC]

Revista publicada en Bos Aires a partir do 6 de xullo de 1907. Subtitulada “Órgano del Centro Gallego”, foi editada quincenalmente polo Centro Gallego de Buenos Aires. Tratouse do primeiro boletín desta sociedade, que incluíu informacións sobre as súas actividades e acordos. Completábase con colaboracións literarias e artigos sobre a actualidade política.