Regionalista, El

Regionalista, El

Publicación editada en Chantada a partir de 1920. Cesou o 1 de xaneiro de 1924 (nº43). Subtitulouse “Semanario de Chantada”, “Revista quincenal chantadina” (nº36) e “Revista mensual chantadina”, variacións que se sucederon segundo a súa periodicidade. Dirixida por Xosé Costa Figueiras, tratou novas políticas, actualidade e temas de interese local e galego.