Regueiro Varela, Benito
Regueiro Varela, Benito
Microbiólogo. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago. Realizou numerosos estudos sobre inmunoloxía, bacterioloxía clínica e bioquímica de antibióticos. Ten publicados multitude de artigos científicos e foi membro emérito da American Society Microbiology, membro da Society General Microbiology, do American Institute Biological Sciences e da Sociedad Española de Quimioterapia; académico da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia; e correspondente da Real Academia Nacional de Medicina.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela