Reich, Wilhelm

Reich, Wilhelm

Psicanalista austríaco. Estableceu unha relación entre o pensamento psicanalista e o marxismo, que reflectiu en Dialektyscher Materialismus und Psychoanalyse (1934). Na súa teoría do carácter, Charakteranalyse (1933), destacou a función represiva e autoritaria da sociedade obtida coa represión sexual. Escribiu tamén Die Funktion des Orgasmus (A función do orgasmo, 1927), Die Massenpsychologie des Faschismus (Psicoloxía de masas do fascismo, 1933) e Die Sexuelle Revolution (A revolución sexual, 1936-1945).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Dobrzcynica, Galitsia

  • Deceso

    Lugar : Lewisburg, Pennsylvania