reino

reino

(< lat regnu)

  1. s m [HIST]
    1. Cada un dos diferentes territorios dun Estado que antigamente tiñan o seu propio rei.

    2. Conxunto dos súbditos dun reino.

  2. s m [DER/ADM]
    1. Estado ou territorio baixo a soberanía dun xefe con título dun rei ou dunha raíña.

    2. reinado.

  3. s m

    Ámbito real ou imaxinario en que algo ou alguén ten o dominio absoluto.

  4. s m

    Cada un dos tres grandes grupos en que se dividen os seres naturais (reino animal, reino vexetal e reino mineral) para facilitar o seu estudo.

  5. s m [ECOL]

    División bioxeográfica principal, que corresponde a unha gran superficie terrestre, ben caracterizada e diferenciada na súa flora e na súa fauna. A miúdo o termo limítase á flora, sendo os reinos vexetais comunmente admitidos os seguintes: antártico, australo-papú, capense, neotropical e paleotropical.

  6. s m [BIOL]

    Cada unha das seis categorías taxonómicas máis amplas en que están agrupados os seres vivos, recoñecidas polos códigos internacionais de nomenclatura: arqueobacterias, moneras, protistas, fungos, plantas e animais.

  7. s m [MIT/RELIX]

    Poder dunha divindade e lugar onde se estende, na visión mítica do Universo.

  8. reino de Deus/do(s) Ceo(s) [RELIX]
    1. Novo estado social de xustiza, paz e felicidade espiritual, que comenzaría polo xuízo das nacións e pola liberación do pobo, anunciado polos profetas de Israel e predicado por Xesús Cristo nos Evanxeos.

    2. Lugar onde se goza da presenza de Deus.