remoer
remoer
(< re- + moer)
-
v t
[ZOOL]
Mastigar os ruminantes por segunda vez o alimento que volve do estómago á boca.
Ex: As vacas remoeron herba toda a mañá. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O boi non remoe.
Sinónimos: rumiar. -
v t
Mastigar moito unha cousa.
Ex: Remóeo ben que senón vaiche facer mal.
-
v t
Moer de novo ou moer moito.
Ex: Remoe o café que quedou moi grande.
-
v t
Pensar repetidamente en algo ou darlle moitas voltas.
Ex: Remoeu o asunto durante todo o día.
Sinónimos: rumiar. -
v t e i
rousar.