remolacha
remolacha
(< ital ramolaccio < latarmoracĭum < galo are more ‘preto do mar’)
s
f
[PLANTA]
Planta herbácea anual ou bienal, coas follas planas e enteiras de cor verde escura, flores pentámeras, pequenas, hermafroditas e dispostas en inflorescencia especiforme. O seu cultivo remóntase ao s II a de C e a súa zona de procedencia céntrase nos países do Mediterráneo occidental. Existen distintas variedades, como a remolacha de forraxe (B. vulgaris var alba), a remolacha vermella (B. vulgaris var concitiva) e a remolacha azucreira (B. vulgaris var altissima). Empréganse tanto para a alimentación humana coma de animais, e a remolacha azucreira para a obtención de azucre.