remolcador -ra
remolcador -ra
(< remolcar)
-
adx
Que remolca ou serve para remolcar.
-
s
m
[MAR/IND]
Embarcación que se emprega para remolcar barcos. Caracterízase pola resistencia do seu buque, a súa gran manga en relación coa eslora, a gran potencia dos seus motores, a forma das súas hélices e pola instalación, nun punto próximo a o seu punto de gravidade, dun elemento de fixación para o cable de tracción provisto dun mecanismo que permite liberalo rapidamente en caso de necesidade e dun dispositivo automático que desenrola o cable cando a súa tensión é superior ao límite de elasticidade.
-
avión remolcador de branco
[AERON/BÉL]
Avión que remolca unha bolsa ou manga de vento que serve de branco nos exercicios de fogo antiaéreo.