Renaixença

Renaixença

Proceso de recuperación da lingua e a literatura catalás a partir da segunda metade do s XIX. Influíu o movemento romántico, coa súa revaloración da lingua e historia propias ou os costumes populares, e a consolidación da burguesía. Nun primeiro momento, a nova clase burguesa mantívose afastada do movemento renaixentista literario en si, ata que en 1874 os Xogos Florais de Barcelona -palestra pública do movemento e un dos medios da súa popularización- fixeron unha chamada á burguesía para que contribuíse co seu apoio económico ao seu mantemento e consolidación.

Palabras veciñas

renacentista | renacenza | renacer | Renaixença | renal | Renan, Ernest | Renania