renegar

renegar

(< re- + negar)

  1. v i

    Abandonar unha crenza que se tiña. OBS: Úsase seguido da preposición de.

    Ex: Renegou da súa relixión e fíxose ateo.

    Sinónimos: arrenegar.
  2. v i

    Rexeitar a relación con algo ou alguén. OBS: Úsase seguido da preposición de.

    Ex: Renegou dos fillos porque só lle querían o seu diñeiro.

  3. v i

    Protestar en voz baixa.

    Ex: Non o atenderon ben e foise renegando do local.

    Sinónimos: arrenegar.
  4. v i

    Queixarse de algo dicindo blasfemias.

    Ex: Renegou e dixo unhas barbaridades que non quero repetir.

  5. v t

    Negar algo de maneira reiterada e insistente.

    Ex: Sempre negou e renegou que el fora o outor do crime.

  6. v t

    Lanzar maldicións contra algo ou alguén.

    Ex: Renégote, anxo do inferno!

Palabras veciñas

rendzina | renear | renegado -da | renegar | reñeira | RENFE | Renfrewshire