arrenegar
arrenegar
(< a- + renegar)
-
v t
Negar con insistencia algo.
Ex: Pedro nega e arrenega que tivese algo que ver co crime.
Sinónimos: renegar. -
v i
Abandonar publicamente as crenzas ou a relixión que se profesaban. OBS: Úsase seguido da prep de.
Ex: Arrenegou da Igrexa xa cando era novo.
Sinónimos: renegar. -
v i
Rexeitar a relación existente cunha persoa ou cousa, xeralmente mostrando desprezo ou pesar por ela. OBS: Úsase seguido da prep de.
Ex: Arrenegou do seu fillo aínda que lle doía.
Sinónimos: renegar. -
v i
Amosar unha persoa enfado, dicindo cousas para si con ton de protesta, por algo que lle ocorre ou que lle fan.
Ex: Marchou da oficina de emprego arrenegando.
Sinónimos: renegar, rosmar. -
v i
Queixarse dicindo blasfemias.
Ex: Temos un mestre histérico, por calquera escusa comeza a arrenegar e a poñer orde.
Sinónimos: renegar. -
v t
Imprecar contra alguén ou algo.
Ex: Arrenégote, demo!
Sinónimos: renegar.