réptil
(< lat reptĭle)
-
adx
Que se despraza arrastrándose.
-
adx
Que é de carácter rastreiro e egoísta.
-
[ANIMAL]
-
adx
Relativo ou pertencente aos réptiles.
-
s
m
Vertebrado da clase dos réptiles.
-
s
m pl
Clase de vertebrados poiquilotermos, co corpo cuberto dun tegumento córneo, provisto de catro extremidades pentadáctilas con dedos acabados en poutas (agás nos ofidios), esqueleto osificado, un só cóndilo occipital e respiración pulmonar. A pel, igual ca a respiración, está completamente adaptada á vida en terra firme e por iso está case desprovista de glándulas e forma un verdadeiro exoesqueleto de escamas ou placas córneas que nos escamosos e nos rincocéfalos muda periodicamente e noutros, como os crocodilianos e os quelonios, medra co animal. Excepto nos ofidios e nalgúns grupos de sauros, teñen dous pares de extremidades iguais pentadáctilas. Son unisexuais, con fecundación interna mediante órganos copuladores específicos e ovíparos, excepto algunhas especies de ofidios ovovivíparos e algúns sauros vivíparos. Os ovos son incubados xeralmente ao sol. O desenvolvemento é directo. Son carnívoros ou ben herbívoros, de baixo metabolismo; os que habitan en zonas temperadas teñen épocas de letargo. Os réptiles habitan en zonas cálidas e temperadas, ben colonizando medios terrestres ou acuáticos. Orixináronse no Carbonífero e acadaron o seu máximo desenvolvemento durante a era Secundaria, en que colonizaron os tres medios (aéreo, acuático e terrestre) e acadaron nalgúns casos, como o dos dinosauros, un tamaño considerable. As formas viventes divídense en dúas subclases: anápsidos (tartarugas) e diápsidos á que pertencen os lepidosauros (tuatara, saurios, anfisbénidos e serpes) e os arcosauros (crocodilos).
-
adx