república
(
-
s
f
[POLÍT]
-
Forma de goberno representativa, en que o cargo de xefe de estado non é hereditario nin vitalicio, senón resultado dunha votación popular, directa ou indirecta. Oponse á monarquía. Nun sentido máis amplo designa a formación social no seu conxunto e é sinónimo de estado. A duración do mandato presidencial, as súas funcións e as relacións co poder lexislativo están determinadas pola constitución. Segundo a natureza destas relacións, a república pode ser presidencialista onde coinciden os cargos de xefe do estado e presidente de goberno como en EE UU, ou parlamentaria, onde non coinciden o presidente do goberno e primeiro ministro, como o caso de Francia e Italia. Outro tipo é a directorial onde a xefatura do estado corresponde a un órgano colexiado entre cuxos membros, que desempeñan cada un unha carteira ministerial, se designa de modo rotativo o presidente; é o caso da Confederación Helvética. Segundo a súa estruturación política, pode ser unitaria ou federal. Aínda que se atopan precedentes nas democracias grega e romana e nas cidades italianas das idades media e moderna, a idea republicana naceu co concepto de soberanía nacional e tivo as súas primeiras realizacións na independencia estadounidense e na Revolución Francesa. A forma de goberno republicana converteuse en maioritaria a escala mundial, sobre todo a partir da independencia latinoamericana no s XIX e do proceso descolonizador africano e asiático no s XX.
-
Corpo político dun estado.
-
Estado que ten este sistema de goberno.
-
-
[XEOG/ADM]
-
s
f
Unidade administrativa de primeiro grao de Serbia e Montenegro.
-
s
f
Unidade administrativa de primeiro grao na Federación Rusa. Son un total de 22 e proveñen da división administrativa da antiga URSS, que establecía 15 Repúblicas Socialistas Soviéticas (RSS), entre elas a de Rusia, chamada República Socialista Federal Soviética de Rusia (RSFSR). Incluían outras divisións administrativas de rango inferior: 20 Repúblicas Socialistas Soviéticas Autónomas (RSSA), englobadas dentro das 15 grandes repúblicas (16 delas estaban dentro da RSFS de Rusia), oblasti, kraja e okrugi. Ao desaparecer a URSS en 1991 e converterse as 15 RSS en estados independentes, Rusia mantivo esta ordenación territorial con algunhas modificacións: as 16 repúblicas autónomas dependentes de Rusia (unha delas dividiuse en 2 en 1992) adoptaron o nome de repúblicas federais, estatuto que tomou a propia Rusia, e catro oblasti autónomos convertéronse en repúblicas federais.
-
república autónoma
Antiga unidade administrativa de primeiro grao na antiga URSS, vixente nalgúns estados da CEI. Conservan esta denominación algunhas divisións administrativas de Uzbekistán, Taxikistán, Ucraína e Xeorxia.
-
s
f
-
s
f
[HIST]
Período da historia de Roma que abrangue desde a fin da dominación etrusca ata a insturación do Imperio (ss VI-I a C).
-
s
f
[HIST]
Goberno e territorio señorial dalgunhas cidades italianas, como a República de Venecia ou a República de Xénova.