República Árabe Unida

República Árabe Unida
Nome científico: [RAU]

Unión de Exipto e Siria despois do plebiscito de 1958 e que continuou mantendo Exipto despois da secesión de Siria (1961) para significar a súa pretensión de centro dunha vasta federación árabe. O nome foi cambiado polo de República Árabe de Exipto despois da creación, en Bengasi (1971), da Unión das Repúblicas Árabes (URA) entre Exipto, Siria e Libia.