República Catalana
República Catalana
Réxime proclamado desde o palacio da Generalitat de Barcelona por F. Macià i Llussà o 14 de abril de 1931, horas antes de que en Madrid se producise a proclamación da Segunda República Española. Tres días despois substituíuse por unha Generalitat de Catalunya e fixouse o proceso de elaboración dun estatuto de autonomía.