Republican Party
Partido político estadounidense constituído en 1856. No seu programa inicial incluía a abolición da escravitude e unha política isolacionista e proteccionista. Accedeu á presidencia con A. Lincoln (1861) e mantívose no poder case ininterrompidamente ata 1912. Impulsor decidido do desenvolvemento industrial, a crise de 1929 fíxolle perder influencia e permaneceu apartado da presidencia desde 1932 ata a elección de Dwight D. Eisenhower (1953-1961). Gañou novamente as eleccións presidenciais con Richard M. Nixon (1968 e 1972), pero o escándalo do caso Watergate causou a derrota de Gerald R. Ford en 1976 e deulle o poder aos demócratas ata 1981. As dificultades económicas e a febleza amosada por EE UU durante a crise iraniana provocaron, con todo, unha reacción nacionalista e conservadora que se concretou na vitoria de Ronald W. Reagan nas eleccións presidenciais de 1980 e 1984. O seu sucesor, George H. W. Bush, volveu ocupar a presidencia do estado (1988-1992). Despois dun novo goberno demócrata, o partido volveu ao poder con George H. W. Bush, vencedor nas eleccións de 2000 e 2004.