Requeixo, Santiago de
Requeixo, Santiago de
Igrexa parroquial situada en Chantada. Datada no s XII, sufriu reformas no s XVIII, época en que a planta adquiriu a forma de cruz latina ao engadirse á nave capelas laterais. A ábsida semicircular é do s XII e consta dun tramo recto e dun testeiro redondo, cubertos con bóveda de canón e cuarto de esfera. O arco triunfal está formado por dúas arquivoltas apoiadas en columnas con capiteis vexetais e antropomorfos. No exterior destaca a torre-campanario da fachada que consta de varios corpos e que remata cunha pequena cúpula.