Requena

Requena

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (19.135 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, basicamente de secaño. O principal cultivo é a vide, base da economía local, seguida da amendoeira; na gandaría destacan o porcino e as aves.