resistir
resistir
(< lat resistĕre)
-
v t
Soportar unha forza ou corpo a presión ou efecto de algo.
Ex: O ferro resiste altas temperaturas. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: As tellas resistiron todo o inverno.
Sinónimos: aguantar, soportar. -
v t
Aturar unha dor ou sufrimento sen queixarse.
Ex: Non resistía máis a dor de cabeza.
Sinónimos: aguantar, soportar. -
v t
Reaccionar ante un ataque por parte de algo ou alguén.
Ex: O exército resistiu o ataque inimigo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Os rapaces non resistiron pola noite.
Sinónimos: aguantar. -
v pron
Opoñer resistencia ou presentar dificultades.
Ex: Resistíase a marchar da festa.