restauración
(< lat
-
s
f
-
Acción de restaurar.
-
[POLÍT]
Restablecemento nun país do réxime político que existira con anterioridade.
-
[POLÍT]
Reposición no trono dun rei destronado ou do representante dunha dinastía expulsada.
-
[ARTE]
Proceso ou conxunto de intervencións progresivas que, de forma simple ou combinadamente, teñen por obxectivo prolongar a existencia dos bens culturais, mediante a mellora das súas condicións físicas. Os procesos máis habituais neste labor son a documentación, a consolidación do soporte, a limpeza de superficies, a reintegración pitórica e o envernizado ou protección final da superficie da obra. Malia que a necesidade de restaurar sempre existiu, foi importante na evolución do concepto a acción da Igrexa ao recomendar que se restaurasen as imaxes do culto e os descubrimentos de Pompeia e Herculano, coa conseguinte necesidade de conservar as pezas. No s XVIII xa destacaron algúns restauradores como Picault, Edwards e Hacquin, e os talleres de restauración de Venecia, Nápoles, Boloña e París. En Madrid, apareceu en 1853 a obra de V. Poleró Arte de la Restauración e, en 1880, un tratado de pintura cun capítulo dedicado á restauración, obra de M. de la Roca . O International Council of Museum (ICOM), dependente da UNESCO, ten un Comité para a Conservación. A restauración de libros ten por obxecto compensar o desgaste que o libro sufriu. O procedemento mecánico consiste en inxectar lactato de celulosa no papel e reforzalo cun tecido fino e transparente. O manual consiste en limpar e pasar o ferro polas follas do libro, corrixir o resecamento cando se trata de papiro ou de pergameo, amañar a folla cando está riscada ou mutilada, eliminar manchas de humidade, e, no caso do papel, tirar a acidez producida polas resinas que contén a pasta ou polas substancias minerais que hai na pasta ou na tinta.
-
[HIST/POLÍT]
Período histórico que comeza coa reposición dunha dinastía. Entre as principais restauracións monárquicas europeas destacan a inglesa (1660-1702), que repuxo aos Stuart, a española, que restableceu a monarquía borbónica, e as dúas de Francia, a primeira (1814-1815) co regreso de Luís XVIII de Borbón, e a segunda (1815-1830), coa entronización do seu irmán Carlos X.
-
-
s
f
[ALIM]
Oficio ou actividade de restaurador.
-
s
f
[ARQUIT]
Conxunto de debuxos e planos que representan un edificio na súa forma orixinal.