Restaurador, El

Restaurador, El

Semanario publicado en Vigo a partir do 26 de outubro de 1899. Cesou a comezos de xuño de 1913. Subtitulouse “Semanario independente” e, desde 1909, “Órgano oficial de la Comunión Tradicionalista, en la provincia de Pontevedra”. Dirixido por Manuel Fernández e de tendencia católica radical, a partir de 1907 converteuse en bisemanario, dirixido por Ramón S. Fernández. Mantivo fortes polémicas cos xornais republicanos La Lucha e La Justicia.