reticulado -da
reticulado -da
(< lat reticulatu)
-
adx
Que ten forma de rede.
-
adx e s
[ARTE]
Aplícase ao tipo de ornamentación cerámica que consiste en aplicar á peza maciza outra parede calada, coa que se imita os traballos de urdido. A parede interior ten a mesma forma ca a exterior ou ben é simplemente cilíndrica e de cor diferente. O reticulado en falso conséguese mediante a impresión dun debuxo en baleiro.