reticulado -da

reticulado -da

(< lat reticulatu)

  1. adx

    Que ten forma de rede.

  2. adx e s [ARTE]

    Aplícase ao tipo de ornamentación cerámica que consiste en aplicar á peza maciza outra parede calada, coa que se imita os traballos de urdido. A parede interior ten a mesma forma ca a exterior ou ben é simplemente cilíndrica e de cor diferente. O reticulado en falso conséguese mediante a impresión dun debuxo en baleiro.

Palabras veciñas

reticente | rético -ca | retícula | reticulado -da | reticular | reticulina | retículo