rético -ca

rético -ca

(< topónimo Retia)

    1. adx

      Relativo ou pertencente á antiga Retia ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante da antiga Retia.

  1. s m [LING]
    1. Lingua de difícil clasificación pola escasa cantidade de material dispoñible (200 inscricións encontradas en Bolzano, Trento, Verona, Vicenza, Padua e Treviso, no N de Italia, no Tirol austríaco, no cantón suízo dos Grisons e en Eslovenia). Nun principio, parece estar relacionada co etrusco. As inscricións, escritas nun alfabeto derivado do etrusco, proceden do s V ao ano 15 a C.

    2. Lingua retorrománica do grupo occidental.

Palabras veciñas

retiano -na | reticencia | reticente | rético -ca | retícula | reticulado -da | reticular