retiro
retiro
(< retirar)
-
s
m
Acción de retirarse da vida activa, dunha profesión, dun cargo, dun servizo público ou da milicia.
-
s
m
Situación do empregado ou militar que se retirou.
-
s
m
Pensión que cobra a persoa que se retira dun emprego ou servizo.
Sinónimos: xubilación. -
s
m
Lugar afastado e tranquilo onde se retira alguén.
-
s
m
[RELIX]
Práctica piadosa que consiste no afastamento temporal das ocupacións cotiás para dedicarse a exercicios de piedade e á contemplación. OBS: Tamén se denomina retiro espiritual.