retrovirus

retrovirus

(< retro- + virus)

s m [MICROB]

Grupo de virus ARN de infección lenta que se caracterizan por transcribir o seu xenoma de ARN a ADN. Realízano grazas ao enzima transcriptase inversa, como primeiro paso da infección celular, despois da que o virus é fixado e o xenoma vírico se introduce no xenoma celular, onde se replica utilizando o mesmo mecanismo celular ou se mantén en forma latente durante un tempo variable e indefinido. O máis coñecido dos virus deste grupo é o da inmunodeficiencia humana, causante da SIDA.

Palabras veciñas

retrovenda | retrovender | retroversión | retrovirus | retrovisor | retrucar | retruque