retrucar
retrucar
( 1 trucar)
-
v t
Responder a algo cun argumento en contra.
Ex: Retrucounos dicindo que el non tiña por que dar explicacións.
Sinónimos: replicar. -
v i
Responder a alguén.
Ex: Retrucou con malos modos.
Sinónimos: contestar. -
v i
[XOGO]
Bater, no xogo de billar, unha bóla noutra despois de pegar na banda.
-
v i
[XOGO]
Facer, no xogo do truco, un novo envite contra un que fixeron primeiro.