revolución
(< lat revolutĭōne‘xiro, volta’)
-
-
s
f
[FÍS]
Movemento de rotación dun corpo arredor dun eixe.
-
s
f
[FÍS]
Cada unha das voltas que dá un corpo arredor dun eixe.
-
revolucións por minuto [rpm]
[METROL]
Unidade de velocidade angular que equivale ao número de veces que rota un corpo arredor dun eixe volvendo á súa posición inicial nun minuto.
-
s
f
[FÍS]
-
[ASTRON]
-
s
f
Movemento dun astro que describe unha traxectoria cerrada, denominada órbita, arredor dun astro considerado fixo. É o caso dos planetas arredor do Sol ou dos satélites arredor do planeta correspondente.
-
revolución anomalística
mes anomalístico.
-
revolución dracónica/draconítica
Movemento de revolución da Lúa arredor da Terra, cando se toma como orixe o nodo ascendente. Dura menos ca unha revolución sideral, cun período de 27 días, 5 horas, 5 minutos e 35,8 segundos, e constitúe o mes dracónico ou draconítico.
-
revolución sideral
Movemento dun astro que, partindo dunha posición caracterizada por unha certa dirección respecto das estrelas fixas, o volve situar na mesma posición inicial. No caso dun planeta, unha revolución sideral é unha revolución completa deste arredor do Sol, constituíndo a súa duración un ano sideral para o planeta considerado. O período da revolución sideral da Lúa constitúe o mes sideral ou período sideral da Lúa.
-
revolución sinódica
Movemento dun astro que, partindo dunha conxunción respecto ao Sol e á Terra -cando se trata dun planeta interior ou da Lúa- ou dunha oposición -cando se trata dun planeta exterior- o volve situar, respectivamente, en conxunción ou en oposición. É unha revolución aparente e relativa para un observador situado na Terra. Resulta da composición dos movementos do astro considerado e da Terra. O período da revolución sinódica da Lúa constitúe o mes sinódico ou lunación.
-
s
f
-
s
f
[MAT]
Movemento dunha figura arredor dun eixe.
-
-
s
f
Cambio total ou radical.
-
s
f
[POLÍT]
Cambio drástico das institucións políticas e sociais ou das estruturas económicas dunha sociedade. A revolución oponse á evolución e reforma, representando unha mudanza cualitativa nas relacións existentes na loita de clases. É un proceso que se consolida a partir da conquista do poder político polos partidos e organizacións da nova clase dominante. Normalmente adoita ser algo violenta, xa que a clase revolucionaria se ve obrigada a vencer a resistencia que a clase, ata entón dominante, opón á perda da súa situación privilexiada.
-
revolución demográfica
[DEMOG]
Mudanza profunda dos cambios demográficos experimentados polas poboacións europeas durante a Revolución Industrial. Foi un proceso complexo desenvolvido entre a segunda metade do s XVIII e a primeira metade do XX. A primeira fase caracterizouse por un descenso da mortalidade catastrófica, o que tivo como consequencia o descenso da mortalidade en xeral, provocando o rexuvenecemento da poboación e permitindo o inicio dunha etapa de crecemento demográfico sostido, debido a que a economía prosperaba a ritmos semellantes. O progreso da medicina axudou aínda máis a frear a mortalidade e a impulsar o crecemento da poboación baseado nunha fecundidade que facía que se conservaran as altas taxas preindustriais. Neste contexto, moitas poboacións europeas dobraron os seus efectivos en pouco máis de cen anos, o que causou problemas locais de fame e falta de traballo, solucionados coa emigración ultramarina. A segunda fase iniciouse cando as taxas de fecundidade comezaron a baixar, mentres que a mortalidade atenuou a súa tendencia á baixa. A rápida difusión da mentalidade e das prácticas malthusianas axiña compensaron a xuventude e o dinamismo extremo das poboacións europeas, que avellentaron vendo comprometida a súa reprodución, polo que se atoparon na necesidade de recibir fortes continxentes de inmigrantes para cubrir os postos de traballo.
-
revolución de prezos /
[ECON/HIST]
Proceso inflacionista desenvolvido en Europa, e principalmente na Península Ibérica durante o s XVI. As causas desta alza, que chegou a cuadriplicar os prezos, cómpre buscalas na chegada de ouro das Indias, no grande aumento da débeda pública e no grande incremento da demanda debido ao mercado americano e ao aumento da poboación. E. J. Hamilton estudou en 1929 a estreita correlación entre a chegada do ouro indiano e a inflación castelá, afirmando que a extensión do proceso inflacionista por toda Europa explicaríase pola importación de mercadorías con destino americano e polo incremento dos gastos militares dos Habsburgo, entre outros factores. J. Nadal i Oller comprobou que a grande alza de prezos se produciu na primeira metade do s XVI e, pola contra, as máximas chegadas de metal rexistráronse na segunda metade. En consecuencia, a chegada de ouro non explicaría totalmente a alza de prezos.
-
revolución permanente
[POLÍT]
Teoría formulada nas súas liñas básicas por K. H. Marx (1850) e desenvolvida amplamente por L. Trockij (A revolución permanente, 1930). Parte da idea de que a revolución non debe aceptar ningunha forma de dominación de clase, senón que debe alcanzar a liquidación total da sociedade clasista. Postula a necesidade de superar rapidamente a democracia burguesa, mediante a ditadura do proletariado, para chegar ao socialismo, no que é necesaria unha transformación constante das relacións sociais. Finalmente, para evitar que a revolución sucumba, debe ser estendida por todo o mundo. En 1923 esta concepción revolucionaria enfrontou a Trockij e a J. Stalin, partidario da construción do socialismo nun só país, a URSS.
-
s
f
-
revolución verde
Conxunto de técnicas que permiten conseguir importantes aumentos na produción agraria mediante o emprego de abonos e a mellora na selección de sementes, entre outros factores.
Refráns
- A río revolto ganancia de pescantíns.
- Unha mala abella revolve unha colmea I un covo.